Falece unha persoa en Vilaboa após envorcar o seu tractor e quedar atrapada debaixo

Centro de atención de emerxencias do 112 Galiza. (Foto: Xunta)
O accidente produciuse no lugar da Cuña.

Unha persoa faleceu na tarde deste sábado no concello de Vilaboa após envorcar co seu tractor e quedar atrapada baixo o mesmo, segundo trasladaron fontes do 112-Galiza.

Os feitos ocorreron contra as 15 horas e foi un particular o que alertou de que se producira o accidente no lugar da Cuña, neste municipio da comarca de Pontevedra.

O home indicaba que unha persoa quedara atrapada debaixo do vehículo, polo que o 112 deu aviso aos servizos sanitarios, os Bombeiros do Morrazo, Protección Civil de Soutomaior, Garda Civil e Bombeiros de Pontevedra.

Unha vez no lugar, os bombeiros anunciaron o falecemento do condutor do tractor. A esta hora continúan no punto á espera de que se autorice o levantamento do corpo.