Falece unha persoa tras caer nunha zona rochosa no porto da Guarda
Unha persoa faleceu esta segunda feira tras caer nunha zona rochosa no porto da localidade da Guarda (Baixo Miño). A policía está a investigar as circunstancias do incidente. Segundo informou o 112 Galiza, foi alertado polo Servizo de Emerxencias Sanitarias da Galiza-061 poucos minutos despois das 19.15 horas, xa que recibiran un aviso da posíbel caída dunha persoa nunha zona rochosa ao final dunha chaira do porto da Guarda.
Deste modo, activouse un operativo desde o Centro de Atención Integrada de Urxencias no que, ademais dos servizos sanitarios, participou a Garda Civil e o Grupo Supramunicipal de Emerxencias (GES) da Guarda. Ao chegar ao lugar, o equipo de profesionais de Servizos Médicos de Emerxencia confirmou o falecemento. Pola súa parte, o persoal do GES colabora na recuperación do corpo na zona de difícil acceso.