Falece unha muller tras ser atropelada por un tren na Coruña
Unha muller perdeu a vida no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC), onde foi trasladada, tras ser atropelada por un tren.
Segundo informou o 112 Galiza, o suceso produciuse minutos antes das 20.00 horas deste sábado e foi unha persoa que presenciou o impacto, a que deu a voz de alarma e detallou que o atropelo se produciu entre os túneles de Oaza e Casabranca, na cidade herculina.
Até o punto desprazáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galiza-061 e os axentes da Policía Local e da Policía Nacional. Así mesmo, o persoal do Adif mantivo comunicación co 112 Galiza para explicar o suceso e avisar da situación ferroviaria do tren, que estaba parado e con pasaxeiros a bordo.
A muller ferida foi evacuada con vida ao CHUAC onde, segundo fontes consultadas por Europa Press, faleceu. Pola súa parte, os pasaxeiros do tren, que cubría o roteiro entre A Coruña e Monforte, completaron o percorrido en autobús.