Falece unha muller tras envorcar o seu vehículo en Arteixo
Unha muller faleceu na madrugada deste sábado tras envorcar o seu vehículo e quedar atrapada no seu interior en Arteixo (comarca da Coruña). Segundo informa o 112 Galiza, tívose coñecemento do incidente ao redor das 6 horas, cando a Central de Emerxencias recibiu varias chamadas de alerta.
En concreto, nestas chamadas informaban de que un vehículo saírase da vía na Travesía da Pastoriza, cerca do número 18. Ademais, varias das persoas que alertaron do suceso indicaron que había unha persoa inconsciente no interior do coche.
Deste modo, acudiron até o lugar profesionais do Servizo de Emerxencias Sanitarias da Galiza-061, os Bombeiros de Arteixo e o Servizo Municipal de Emerxencias, así como axentes da Policía Local. Tamén foi necesario activar recursos municipais debido aos danos colaterais do accidente, como unha tubaxe de subministración de auga.