Falece un motorista por unha caída na A-55 ao seu paso por Mos
Un particular avisou pasadas as 21.30 horas desta segunda feira de que acababa de presenciar unha caída de moto no quilómetro 9 da A-55, en Tameiga.
Un motorista faleceu nunha caída na noite da segunda feira cando circulaba pola autovía A-55 ao seu paso polo municipio de Mos (comarca de Vigo). Segundo informa o 112 Galiza, un particular avisou pasadas as 21.30 horas de que acababa de presenciar unha caída de moto no quilómetro 9 da A-55, en Tameiga.
Posteriormente, outras persoas que se comunicaron co 112 avisaban de que non respondía e estaban a tratar de reanimalo. Tras estes avisos, no operativo participaron o 061, a Garda Civil de Tráfico, o GES de Mos e o servizo de mantemento de autovía.