Falece un rapaz de 19 anos que quedou atrapado no seu vehículo tras unha saída de vía en Pantón
Rescatan o corpo sen vida dun condutor de 19 anos que quedou atrapado no seu turismo en Pantón (Terra de Lemos), en concreto, o seu vehículo saíuse da vía e bateu contra a barreira de seguridade da calzada.
Así, o equipo médico só puido confirmar o falecemento e solicitou a intervención dos bombeiros porque a vítima estaba atrapada.
Deste xeito, o 112 Galiza avisou os Bombeiros de Monforte, que liberaron o corpo. A partir de aí, activáronse os medios e recursos forense para continuar cos procedementos habituais.
Segundo informa o 112 Galiza, ao redor das 07.00 horas deste domingo unha persoa viu o coche accidentado na C.G 2.1, ao paso por Tribás, en Pantón. A seguir, chamou o 112 e ofreceu os detalles necesarios para poñer en marcha o operativo.
Até alí desprazáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galiza-061 e os axentes da Garda Civil de Tráfico. Con todo, o condutor xa falecera. Tamén foi necesario mobilizar os equipos de limpeza e mantemento da vía polos restos do accidente que quedaron na calzada.