Falece un home tras precipitarse desde a terraza do centro comercial Vialia Vigo
O accidente aconteceu arredor das 16.30 horas desta sexta feira nas proximidades do ascensor panorámico Halo.
Un home de 60 anos morreu no acto esta sexta feira despois de caer desde a terraza do centro comercial Vialia Vigo. A Policía Local e outros servizos acudiron inmediatamente ao lugar, mais non se puido facer nada por salvalo.
O suceso ocorreu ao redor das 16.30 horas, cando un home duns 60 anos se precipitaba desde a terraza do centro comercial Vialia Vigo, xunto ao ascensor panorámico Halo.
Fontes policiais sinalan que foi necesario despregar un amplo dispositivo composto por patrullas da Policía Local, da Policía española, seguridade privada do propio Vialia e persoal sanitario do 061, mais, desgraciadamente, o home morreu no acto.
O corpo quedou sobre o terreo intermedio que separa o recinto comercial da autoestrada AP-9, momento que provocou alarma entre as persoas que estaban na terraza, testemuñas do acontecido.
