Falece un ciclista tras ser atropelado por un coche en Xermade
Segundo traslada a Garda Civil, o falecido era un veciño do municipio de Vilalba (A Terra Chá).
Un ciclista faleceu esta sexta feira en Xermade (A Terra Chá) tras ser atropelado por un coche. O 112 Galiza tivo constancia ao redor das 11.20 horas dos feitos, que ocorreron no quilómetro 9 da estrada LU-861, na parroquia de Candamil.
Segundo traslada a Garda Civil, o falecido era un veciño do municipio de Vilalba (A Terra Chá). O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias da Galiza (CIAE) informou a Urxencias Sanitarias da Galiza-061, Garda Civil de Tráfico e Protección Civil.