180 mil persoas, a audiencia desta semana

O Facebook de Sermos, o primeiro dun meio dixital galego en superar os 20.000 gústames

O Facebook de Sermos Galiza acaba de ultrapasar os 20.000 likes e consolida o seu liderado entre o dos meios dixitais que non son a réplica on line dun xornal diario escrito.

No momento de fecharmos esta noticia, a páxina Facebook de Sermos Galiza leva rexistados un total de 20.036 gústames. Destarte, Sermos é o primeiro meio dixital puro (isto é, un meio que non é a traslación on line dos contidos dun xornal diario escrito) que ultrapasa esta barreira.

As estatísticas do FB de Sermos indican un crecimento sostido nos últimos meses. De facto, a última semana atinxiu o seu récord de audiencia. En número de persoas alcanzadas (o conceito alcuñado por Facebook para se referir ao número de utentes que viron os post dunha dada páxina), os últimos sete días rexistaron un total de 180.234.

Todos estes dados consolidan Sermos como claro líder no FB dixital galego. A segunda praza entre os dixitais é para Galicia Confidencial, com 15.169 likes, en tanto que a páxina de Praza alcanza os 13.151.

En Twitter, en troca, Praza é o dixital cun maior número de seguidoras, com 19.117 face os 17.053 de Galicia Confidencial e os 16.373 de Sermos.

Aliás, no conxunto das redes sociais, na suma de Facebook e Twitter, Sermos é o meio com maior audiencia, com 36.509 amigas e amigos, mentres que Praza está nos 32.268 e Galicia Confidencial nos 31.542.