Extinguido o incendio forestal da Gudiña tras arrasar 25 hectáreas

Incendio de Barxa, no concello da Gudiña, parroquia en que tamén houbo incendios en 2022 (Foto: Nós Diario).
A última medición facilitada por Medio Rural cifra en 25 as hectáreas calcinadas, todas elas de monte raso.

A Consellaría do Medio Rural deu por extinguido o incendio forestal iniciado este domingo na localidade da Gudiña que calcinou un total de 25 hectáreas, segundo as últimas medicións.

O fogo, que se iniciou ás 18.52 horas deste domingo na parroquia da Barxa, quedou estabilizado ás 11.35 horas desta segunda feira, controlado ás 12.52 e deuse por extinguido pola tarde.

Polo momento, mobilizáronse para o seu control catro axentes, oito brigadas, catro motobombas e un helicóptero.

A última medición facilitada por Medio Rural cifra en 25 as hectáreas calcinadas, todas elas de monte raso.