Expertas en TEA alertan de que o "uso indiscriminado" de pictogramas pode ser "contraproducente"

Pictograma de silencio nunha biblitoteca. (Foto: Europa Press)

Sinalan que un mal uso, sen outras medidas de apoio, pode inducir á "confusión" ou a "frustración"

Expertos en accesibilidade cognitiva para persoas con Trastornos do Espectro Autista (TEA) alertaron do "uso indiscriminado" de pictogramas en edificios públicos e privados, algúns deles "sen validar", e advertiron de que este tipo de sinalización, aínda que colocada "con moi boa vontade", pode ser "contraproducente" ou inducir a "confusión" se non se usa de maneira adecuada e "cun soporte detrás".

Así o trasladou a responsábel de accesibilidade cognitiva da Federación Autismo Galicia, Aitana García Laxe.

Segundo explicou, para que un proxecto de accesibilidade cognitiva sexa eficaz, debe acometerse dun modo integral, é dicir, "non se trata só de sinaléctica, ten que haber outras medidas para adecuar os espazos" dando "solucións específicas" en función das características deses espazos e do tipo de persoas que os van a usar.

Con todo, advertiu García Lage, os expertos déronse conta de que hai un uso non adecuado dos pictogramas en certos espazos. "O que ocorre cos pictogramas é que son símbolos moi visíbeis, facilmente recoñecíbeis e que se relacionan coas persoas con autismo, pero vemos Concellos e outras entidades da Administración póñenos de maneira indiscriminada", apuntou.

Respecto diso, explicou que cando se usan ese tipo de sinais hai que "analizar quen as vai a ver, a que público van dirixidas" e engadiu que "de nada serve un pictograma se non ten un soporte detrás".

Nese sentido, recalcou que "a primeira medida de accesibilidade son as persoas", por iso un dos primeiros pasos ha de ser a formación, a sensibilización das persoas que traballan neses espazos públicos e atenden á xente. A partir de aí, pódense incorporar outros apoios ou ferramentas, como sinalización, moderación de ruídos ou loces etc., pero "as incursións en solitario non son eficientes".

“Humanización” de espazos

Tras matizar que a instalación de pictogramas "é moi valiosa", lamentou que esa medida pódese "malograr" se non vai acompañada doutras, e constatou que as entidades públicas e privadas "cada vez consultan menos" aos expertos para implementar as súas medidas de accesibilidade cognitiva.

Con todo, afirmou que en moitos espazos públicos si se deron pasos adiante e do modo adecuado, e puxo como exemplo algúns Concellos e Consellarías con proxectos de "humanización" dos espazos no marco dunha adaptación dos sistemas públicos para facelos "máis enfocados aos usuarios e pacientes".