Expertos sitúan o pico da sexta vaga nunha semana

A evolución da Covid na Galiza deixa, ás portas do Nadal, unha cifras absolutas moito máis avultadas que as rexistradas en 2020 polas mesmas datas. Os casos activos duplican os de hai un ano. Tamén a incidencia. Os novos contaxios multiplícanse por tres. Mais nos hospitais, hai menos pacientes ingresados con coronavirus, nomeadamente nas áreas de críticos. A eficacia das vacinas contén o impacto da pandemia que amosa indicios de contención. Así, a chamada á prudencia prevalece ante un previsíbel aumento da mobilidade e das reunións sociais.
A área sanitaria de Vigo, coa cidade á cabeza, centra "a maior preocupación" (Foto: Marta Vázquez Rodríguez / Europa Press).
photo_camera A área sanitaria de Vigo, coa cidade á cabeza, centra "a maior preocupación" (Foto: Marta Vázquez Rodríguez / Europa Press).
Comentarios