O Exército enviará mañá un avión para repatriar os tripulantes do 'Vila de Pitanxo'

Tarefas de búsqueda na zona do afundimento do 'Vila de Pitanxo' (Foto: Forzas Armadas do Canadá).
O presidente español, Pedro Sánchez, e o primeiro ministro de Canadá, Justin Trudeau, acordan retomar a colaboración nas labores de búsqueda dos mariñeiros desaparecidos

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, anunciou que España fretará este domingo un avión A-400 do Exército do Aire, con destino ao aeroporto de San Xoán de Terranova, para a repatriación dos tres mariñeiros que sobreviviron ao naufraxio do 'Villa de  Pitanxo' e dos nove falecidos rescatados até o momento.

Así se pronunciou o xefe do Executivo en redes sociais despois de manter unha conversación telefónica no día de onte co primeiro ministro de Canadá, Justin Trudeau, na que lle agradeceu todos os esforzos das autoridades canadenses nas tarefas de rastrexo do pesqueiro galego. "En canto a meteoroloxía o permita, retomaremos a colaboración nos labores de búsqueda", sinalou Sánchez en Twitter.

Nun comunicado, Moncloa agradeceu a boa disposición das autoridades canadenses para retomar a colaboración nos labores de búsqueda cando a meteoroloxía o permita e destacou "a excelente relación" entre os Gobernos de España e Canadá que "se puxo de manifesto, unha vez máis, ante a maior desagracia padecida polo sector pesqueiro español nos últimos 40 anos".

Repatriación dos mariñeiros

Respecto a a repatriación dos tres mariñeiros que sobreviviron ao naufraxio e dos nove corpos rescatados até o momento, o Executivo explicou que o avión será recibido en San Xoán de Terranova polo embaixador de España en Canadá, Alfredo Martínez Serrano e polas autoridades consulares españolas neste país.

A acción consular desenvólvese desde que se comunicou o naufraxio, momento no que se mobilizou o vicecónsul honorario, ata a chegada, poucas horas despois, do cónsul xeral de España en Montreal ao porto de San Juan.

Moncloa sinalou que as actuacións se centran agora en "unha serie de trámites administrativos" nos que a autoridade consular española, en coordinación cos servizos do goberno de Terranova, ten como obxectivo principal que a repatriación das vítimas e sobreviventes realícese "con todas as garantías, rigor e dilixencias, así como a máxima celeridade posíbel".