Social

O exército atopa en residencias de maiores anciáns "convivindo" con cadáveres

Militares nunha acción de desinfección (Europa Press)
Ministerio de Defensa asegura que persoal do Exército localizou en varias residencias de maiores de diferentes puntos do Estado a anciáns que compartían espazo con cadáveres. 

Persoas maiores "convivindo" con cadáveres nun mesmo espazo. Isto é o que se atopou o Exército en varias residencias de diferentes territorios do Estado, según relatan fontes do Ministerio de Defensa. 

"O exército puido ver maiores, absolutamente abandonados cando non mortos nas súas camas", apuntou a Ministra de Defensa, Margarita Robles, en declaracións a medios españois. “Imos ser absolutamente implacábeis e contundentes no trato que se dea aos maiores nesas residencias”, dixo. 

Segundo estas fontes, a Fiscalía Xeral do Estado vai involucrarse no asunto e "o peso da lei" caerá sobre os responsábeis destes centros de maiores. 

Os medios recollén que o Exército deu con "escenas durísimas" que están a soportas as usuarias destas residencias de maiores. Defensa desbotou nomear en que residencias se deron estas situacións, mais si que indicou que atoparon cadáveres en varias residencias, nas que parte do persoal se deu de baixa co inicio da pandemia. 

As Forzas Armadas reforzaron a súa presencia nas residencias de ancianos na fin de semana e desde onte o Exército pode actuar en calquera centro de maiores do Estado da forma que sexa precisa.