Residencias de maiores en Galiza: 14 positivos no persoal e unha trintena nas usuarias

Residencia de maiores DomusVi en Barreiro, Vigo (Imaxe: domusvi.es)

En Celanova, Caldas de Reis, Santiago e Vigo.

Unha trintena de persoas maiores e catorces traballadores e traballadoras das residencias están contaxiados polo Covid-19 en Galiza. Así o concretou Núñez Feiixoo na rolda de prensa 'online' que ofreceu despois da videoconferencia do xefe do Executivo español, Pedro Sánchez, cos titulares dos Gobernos autonómicos.

Á marxe de mostrar a súa "desconformidade" coa repartición do paquete estatal de fondos para servizos sociais, Feixoo considera "imprescindíbel" e pediu que se elabore "un protocolo válido" para a actuación en residencias de maiores de todo o Estado.

En canto ás residencias de maiores, Feixoo precisou que hai unha trintena de usuarias e usuarios infectados na Galiza. Lembrou que hai 13 en Celanova, un caso en Caldas de Reis, cinco no centro de DomusVi de San Lázaro (Santiago de Compostela) e concretou unha cifra que polo momento non se coñecía: as persoas usuarias contaxiados en DomusVi Barreiro, de Vigo, ascenden a 11.

Ademais, nese mesmo centro vigués hai dous traballadores que deron positivo en Covid-19, e un total de 12 en Celanova.