Evacuado por un golpe de calor un brigadista na extinción do incendio de Chandrexa que xa arrasa 200 hectáreas
Un integrante da Brigada de Reforzo en Incendios Forestais (BRIF) de Laza necesitou ser evacuado debido a un golpe de calor durante a extinción do incendio de Chandrexa de Queixa (Terra de Trives).
Segundo informan fontes da Consellaría do Medio Rural a Europa Press, este bombeiro forestal mareouse por un "posíbel golpe de calor" mentres traballaba nunha xornada de vagade calor con elevadas temperaturas na provincia ourensá.
O traballador foi evacuado na tarde desta sexta feira no propio helicóptero da BRIF atéa súa base en Laza (comarca de Verín), desde onde foi trasladado a un centro de saúde.
O fogo en Chandrexa, parroquia de Requeixo, declarouse ás 15.51 horas desta sexta feira. Traballan os seguintes medios: seis avións, cinco helicópteros, cinco motobombas, oito brigadas, seis axentes, dúas unidades técnicas de apoio e dous técnicos. Xa arrasa máis de 200 hectáreas en pouco máis de catro horas, segundo a última actualización provisional de Medio Rural.
