A Eurocámara rexeita a reforma da lei de dereitos de autor

O pleno do Parlamento europeo rexeitou iniciar as negociacións da reforma da lei europea de copyright, albo de numerosas críticas desde diferentes plataformas dixitais e tamén de xigantes como Google. Estas criticaban tanto a ‘aprobación express’ que se quería facer da reforma como o fondo da mesma. Ao ser rexeitada, os eurodeputados deben pactar agora una nova postura negociadora, que será votada en setembro.

 

A Eurocámara tumbou o texto aprobado en xuño pola Comisión de Asuntos Xurídicos. Nestes días previos á votación houbo nas redes fortes críticas á nova regulamentación, focalizadas principalmente nos artigos 11 e 13. O artigo 11 outorgaba aos medios de comunicación a posibilidade de reclamar compensacións a aquelas plataformas dixitais nas que se partillen os seus artigos ou fragmentos dos mesmos.

 

O artigo 13 obrigaría as plataformas dixitais a controlar que os contidos que partillan as persoas usuarias non infrinxan os dereitos de autor.