O estreito muro entre a filosofía e a astronomía

Foto de Natalia Porca

Ao longo desta semana a filosofía estivo presente de maneira moi especial en Compostela. O evento ‘Filosofía na rúa” comezou na segunda feira e remata esta sexta. Na cuarta feira tivo lugar a conferencia ‘As estrelas dobres como fonte de información astronómica (e inquedanzas filosóficas)’ impartida por José Ángel Docobo, director do Observatorio Astronómico Ramón Mª Aller da USC.

 

Na cuarta feira o doutor en Astronomía e director do Observatorio Astronómico Ramón Mª Aller, José Ángel Docobo, impartiu unha charla titulada ‘As estrelas dobres como fonte de información astronómica (e inquedanzas filosóficas)’. O acto tivo lugar na Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela e foi presentado polos profesores José Luis Falguera e José Miguel Sagüillo.

“A astronomía e a filosofía seguen indo da man”, comeza dicindo Falguera  -responsable de introducir o acto-. “Os científicos teñen que ter inquedanzas filosóficas e os filósofos tamén teñen que ter inquedanzas científicas”, declarou Docobo a Sermos Galiza.

As estrelas dobres é a principal liña de traballo do Observatorio Astronómico Ramón Mª Aller. “Unha entrela dobre existe cando hai unha relación física entre elas”, afirma Docobo. Por outra banda, o movemento é un dos alicerces máis importantes na análise astronómica. “Para estudar o movemento hai que estudar o movemento relativo entre as estrelas”, engade. Ademais, desde o punto de vista contemplativo adoitan ter diferentes cores  -que se deben ás temperaturas superficiais que teñen-. Explica o caso da costelación da Osa Maior. “Aquí aparecen dúas estrelas que se poden ver separadas a simple vista: Mizar e Alcor”. Ademais, engade que Mizar é a primeira estrela dobre descuberta.

Por outra banda, até o ano pasado había dúas comisións encargadas do estudo deste tipo de estrelas: a comisión 26  -da que Docobo foi presidente- e a comisión 42. Con todo, desde o ano pasado xuntáronse na comisión G1. 

William Herschel descubriu o movemento das estrelas dobres no século XVIII

Estudo das estrelas dobres

O director do Observatorio Astronómico fai un percorrido histórico no estudo das estrelas dobres. O inicio sitúase no século XVI coa figura de Copérnico que establece o sistema heliocéntrico. Despois deste feito entramos na época dourada da astronomía, onde destacan autores como Tycho Brahe e Kepler. Kepler deduciu as leis que rixen o movemento dos planetas. Isto fixo que a astronomía se desenvolvese como ciencia. 

As teorías de Newton e Halley tamén estiveron presentes. Halley  -a partir das leis que deducira Kepler- “descubriu os movementos propios das estrelas”, explica Docobo.  William Herschel estableceu unha lista das estrelas que observaba no ceo. Deduciu que as máis brillantes estaban situadas máis preto. Ademais, decatouse de que as estrelas movíanse, mais precisaban dun ano para facelo. “Estaba descubrindo o movemento das estrelas dobres”-finais do século XVIII-.
Entre os estudosos adicados ás estrelas dobres destacar a figura de Couteau, quen descubriu máis de 3.000 estrelas binarias- e Ramón Mª Aller  -que introduciu as estrelas dobres no estado español-

Exoplanetas

Con todo, ademais das entrelas dobres, a investigación actual está centrada no estudo dos exoplanetas -planetas dentro doutros planetas-. Docabo explicou que para estas investigación utilízanse as mesmas técnicas de descubrimento que para as estrelas dobres.
Se hai exoplantes “porque non exosatélites?” remata cuestionando Docabo.