Filosofía na Rúa: unha semana de actos abertos para pensar, gozar e partillar

A Facultade de Filosofía da USC organiza unha serie de actos abertos en Compostela, desde palestras e debates a recitais poéticos e música.

A Facultade de Filosofía da Universidade de Compostela (USC) organiza unha serie de actos abertos co gallo do Día da Filosofía, actividades que decorrerán en diferentes puntos da capital de Galiza desde esta segunda feira até a sexta feira.

Esta segunda feira, e baixo o título 'Diálogos con Carlos Calvo', o poeta Marcos Abalde e o profesor da USC Rafael Martínez participan no acto que inaugura esta semana de actividades. Será, ás 20:00 horas, no salón de actos da Facultade de Filosofía. Non é o único acto do día. Pouco despois, 21:30, activista Laura Bugalho falará da loita transfeminista no SCQ Café Bar, na Rúa das Orfas,

'Da ética ao altruismo eficaz: a defensa dos animais' é a palestra que a terza feira van impartir Olaia Freiría e Sara Lago, activistas na defensa animal, no salón de actos da Facultade de Filosofía. Ás 21:30 terá lugar un recital de poesía filosófica no Café Bar Caldeirería. A cuarta feira, 20:00 horas, o director do Observatorio Astronómico 'Ramón María Aller', José A. Docobo, falará sobre 'As estrelas dobres como fonte de información astronómica (e inquedanzas filosóficas)'. Ese mesmo día, ás 21:30, Jam filosófica (música + filosofía). A quinta feira, Xogo participativo Filosofía na Rúa Praza de Mazarelos, presentación do libro 'Novas do exterior', de Xose Luis Santos Cabanas. Estarán presentes o autor, así como Xosé Manuel Beiras, Sara Plaza e Marcial Gondar.

A sexta feira terá lugar a proxecion do video 'Cowspiracy' e haberá unha palestra sobre 'Ética animal e veterinaria' a cargo de Michela Pettorali (doutora veterinaria). Charla de clausura. ¿Cal é o sentido da Filosofía?, por Xavier de Donato