Estabilizado un incendio en Oímbra que calcinou 30 hectáreas de monte

@briftabuyo

Na parroquia de Videferre

O sur ourensán continúa a ser unha das zonas máis afectadas pola vaga de incendios que a finais da semana pasada comezou a producirse na Galiza. Extinguidos os que se orixinaron en Cenlle, Muiños ou Lobeira (este último afectou 150 hectáreas dentro do Parque Natural do Xurés), esta segunda feira o lume orixinouse en Oimbra, comarca de Verín.

O lume está estabilizado após queimar 30 hectáreas e monte baixo. Para sufocar o incendio despregouse un operativo no que ademais de medios terrestres entraron en acción varios helicópteros.

Os incendios destes días xa afectaron máis de 1.100 hectáreas. A Xunta incide na existencia dunha actividade incendiaria tras os lumes e apela á colaboración cidadá.