Os encoros galegos chegan a 62% da súa capacidade e superan a media da última década

Encoro dos Peares, entre Carballedo e Pantón (Foto: Nós Diario).
Con respecto aos datos publicados polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e Reto Demográfico (Miteco) a semana pasada e grazas ás últimas choivas, as concas hidrográficas galegas creceron 6,95% de media.

Os encoros situados na Galiza ten acumulados un total de 2.195 hectómetros cúbicos, o que supón 62,45% da súa capacidade, segundo os datos publicados esta terza feira polos datos do boletín hidrolóxico que publica cada semana o Ministerio para a Transición Ecolóxica e Reto Demográfico (Miteco).

No caso da conca Galiza Costa, a porcentaxe elévase a 67,8%, ao contar con 464 hectómetros acumulados, fronte aos 684 de capacidade da que dispón e os 391 do ano anterior.

De media, no últimos dez anos alcanzáronse os 454 hectómetros cúbicos, o que supón un aumento de 10 hectómetros cúbicos con respecto á media.

Mentres, a conca do Miño-Sil supera xa 55% da súa capacidade, 57,1% concretamente.

Deste modo, ten acumulados 1.731 dos 3.030 hectómetros cúbicos que pode almacenar, fronte aos 1.358 do ano pasado e os 1.689 de media da última década.

Crecemento

Con respecto aos datos publicados polo Miteco a semana pasada e grazas ás últimas choivas, as concas hidrográficas galegas creceron 6,95% de media e gañaron un total de 134 hectómetros cúbicos almacenados.

Así mesmo, en comparación cos datos estatais, Galiza ten 20,45% máis de auga nos seus encoros.

O total das reservas hídricas estatais conta actualmente con 23.552 hectómetros cúbicos de auga, aumentando na última semana en 3.531 hectómetros cúbicos.