Os eólicos que ameazan o “mellor monte forestal” da Galiza, ás portas do Xurés

Mapa das afectacións do proxecto para Monte Grande.

Un estudo sinala o impacto do proxecto de parque eólico no Monte Grande, en Bande, na zona da Reserva da Biaosfera Xurés-Gerês e na área de cración do Parque Arqueolóxico.

O proxecto de parque eólico de Fonsanta co seus 12 muiños de 180 metros de alto supón “un brutal impacto” contra o parque natural do Xurés ao tempo que amezaza o “mellor monte forestal” da Galiza, en Monte Grande (Bande), cunha gran biodiversidde e co patrimonio integrado nun parque arqueolóxico.

Así o estiman desde a Asociación Cultural, ecoloxista e de Montaña Arnau, que esta fin de semana presentou un estudo do impacto da previsión de instalación do parque eólico. “Solicitamos que non se permita a instalación do Parque eólico Fonsanta no Monte Grande e que se arquive o expediente e quede protexido para o futuro este monte de alto valor natural e forestal nas inmediacións do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés”, sinalan nun comunicado.

“Este monte conta cunha gran riqueza patrimonial, forestal, paisaxística, xeolóxica e natural, cos restos arqueolóxicos distribuídos por toda a extensión da serra e perfectamente adaptados á paisaxe, concrétanse en xacementos que abranguen un longo período de tempo que vai dende a Prehistoria ate a Idade Media; destacando necrópoles megalíticas, petróglifos, coviñas, castros e foxos do lobo; integrados no Parque Arqueolóxico”, explican.

Solicitamos que non se permita a instalación do Parque eólico Fonsanta no Monte Grande e que se arquive o expediente e quede protexido para o futuro este monte de alto valor natural e forestal nas inmediacións do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés”

Inciden, ademais, na riqueza forestal que ten, con grandes masas de piñeiro,  bidueirais  e amieirais, complementados coa presenza de todo tipo de arbustos, destacando como reliquias o arando silvestre (Vaccinium myrtillus). Tamén subliñan “a alta concentración de musgo que cubre toda zona alta do Monte Grande formando un ‘tépex’ natural, unha singularidade a preservar” e que se está a desenvolver na zona con fondos da Xunta e europeos a rexeneración dunha gran carballeira.

“Tamén é preciso protexer o extenso espazo de turbeira da Lagoa Grande, cun hábitat especial cuxo fráxil equilibrio se pode ver alterado á mínima actuación”, advirten. Cómpre salientar que a totalidade do territorio do Concello de Bande forma parte da Reserva Internacional da Bioisfera Xurés-Gerês. O colectivo fala de impactos ambientais, paisaxísticos e tamén sobre o patrimonio que indican que suporía a implantación deste parque eólico.

Habería, temen, impacto sobre o foxo do Lobo das Covateiras (“ao proxectar tres aeroxeneradores sobre a proxección do seu muro norte ata o alto do Arando”), ou sobre a mámoa do Monte Raso e as coviñas do entorno (“ao proxectar na súa área de protección dous aeroxeneradores”