A eólica mariña avanza na Galiza con 13 proxectos en fase de determinación do alcance do estudo de impacto ambiental
Así llo comunicou o Goberno español ao deputado do BNG, Néstor Rego.
Un total de 13 parques de eólica mariña proxectados para a costa galega atópanse na actualidade en procedemento potestativo de determinación do alcance do estudo de impacto ambiental.
Así llo transmitiu o Goberno español ao deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, quen propuxo unha pregunta escrita na Cámara sobre este asunto.
Na súa resposta, o Executivo español lembra que non serán admisíbeis as solicitudes de autorización administrativa de instalacións de xeración eólica mariña até a aprobación por parte do Goberno dun novo marco normativo para estas instalacións.
"Con todo, ao amparo das excepcións previstas nos apartados 2 e 3 da Disposición adicional terceira da Real Decreto-lei 12/2021, ou a trámites ambientais previos", detalla os proxectos que se atopan "actualmente en procedemento potestativo de determinación do alcance do estudo de impacto ambiental".
Trátase dos parques de eólica mariña 'Volanteiro', 'Celta II', 'Breogán', 'Juan Sebastián Elcano', 'Poñente I', 'Poñente II', 'Atlántico-1', 'Atlántico-2', 'Atlántico-3', 'Atlántico-4', 'Xistral', 'O Boi' e 'Roleira'.