Entrevista a Carlos Callón no Sermos200

Na quenda de entrevistas políticas que realiza o director de Sermos, desta volta contamos con Carlos Callón, número 1 do BNG Nós Candidatura Galega ao Congreoso pola provincia da Coruña.

Callón dá chaves sobre como vai a campaña do Bloque, a súa visión sobre o traballo da representación galega no Congreso durante os últimos meses e como combater desde o soberanismo a práctica ausencia das alternativas nacionalistas na programación das televisións estatais.

Alén desta entrevista, o Sermos fai un repaso dos seus catro anos de existencia nos quiosques -aniversario feito o pasado 8 de xuño-, nun número que, alén do máis, é redondo, o 200. 

Con tal motivo, o noso caderno de análise, o A Fondo, deita o seu ollar sobre o estado no que se acha o xornalismo en galego, o xornalismo alternativo ao mainstream.