O enfermeiro Héctor Castiñeira gaña a batalla xudicial contra o Sergas que o penalizara por criticar o sistema sanitario

O enfermeiro Héctor CAstiñeira (Foto: Colexio Oficial de Enfermaría de Lugo).
O pasado mes de outubro, Castiñeira publicaba que o Sergas lle impuxera unha sanción despois de afirmar nun programa de La Sexta que “asinou máis de 500 contratos no sistema público de saúde en 14 anos”.

A coñecido enfermeiro Héctor Castiñeira máis coñecido polo seu labor de divulgación desde a conta de Twitter ‘Enfermera Saturada’ (@EnfrmraSaturada) vén de lle gañar unha batalla xudicial ao Sergas.

O pasado mes de outubro, Castiñeira publicaba que o Sergas lle impuxera unha sanción despois de afirmar nun programa de La Sexta que “asinou máis de 500 contratos no sistema público de saúde en 14 anos”.

“Un par de días despois da miña participación en laSexta Xplica recibo unha carta asinada polo xerente do hospital: Un ano penalizado ao final da bolsa de emprego. Caio 780 postos”, explicaba Castiñeira na súa conta de Twitter naquela altura.

Castiñeira publicou esta quinta feira que “tras varios recursos da miña avogada, podo reafirmarme no que sempre dixen, a penalización foi inxusta”.

Sanidade dálle a razón

O enfermeiro presentou un recurso ante a Consellaría de Sanidade, a cal, após estudar o seu caso, deulle a razón.

Castiñeira di estar a buscar agora unha posíbel maneira de reclamar os catro meses cos que foi penalizado.