A FISCALÍA ABRE DILIXENCIAS

A enfermeira puido contaxiarse ao tocar a cara coas luvas

Unha ambulancia chega á morada de Teresa Romero (foto de Naiz)

É a hipótese máis verosímil que manexan agora as autoridades españolas e toma como base o testemuño de Teresa Romero.

 

Teresa Romero, a sanitaria galega atinxida polo virus, tería comunicado ao doutor Germán Ramírez, do Hospital de La Paz, que puido ter un "accidente" ao tocar a cara, talvez un leve roce, coas luvas que levaba postas e coas que atendera ao relixioso falecido.

En declaracións a Cuatro, a enfermeira afirmou que soubo do seu contaxio non porque lle fora comunicado polos médicos, senón por telo visto, através do seu teléfone móbil, no web de El País.

A fiscalía ten aberto dilixencias para investigar as circunstancias en que se produciu este contaxio

"Perguntei ao médico polo meu resultado e non mo quixo dicir moi claro: entón apañei o móbil e vin no País que dera positivo. Non pensei que fora ébola, non o pensas até o final".

Aliás, a fiscalía ten aberto dilixencias para investigar as circunstancias en que se produciu este contaxio, o primeiro que se verifica fóra de África.