O emérito ten previsto chegar de novo a Sanxenxo nas próximas horas

O emérito na súa última visita a Sanxenxo (Foto: José Ramón Hernando / Europa Press).
Fontes do Náutico de Sanxenxo indicaron que contan coa chegada do emérito para esta cuarta feira pola tarde ou a quinta pola mañá.

O rei emérito ten previsto viaxar nas próximas horas, previsibelmente esta cuarta feira, á Galiza, na que será a súa terceira visita desde que se trasladou en agosto de 2020 a Emiratos Árabes Unidos (EAU), só tres días despois das eleccións estatais do 23 de xullo.

Segundo confirmaron fontes da contorna, don Juan Carlos viaxará a Sanxenxo nas próximas horas, onde ten lugar unha regata que estaba prevista entre o 7 e o 9 de xullo, pero que foi aprazada a esta próxima fin de semana, aínda que non desvelaron ningún detalle da súa axenda nin o tempo que ten previsto permanecer no país.

Fontes do Náutico de Sanxenxo indicaron que contan coa chegada do emérito para esta cuarta feira pola tarde ou a quinta pola mañá.

A súa última visita á Galiza foi o pasado mes de abril nunha viaxe que xerou "malestar" no Palacio da Zarzuela, que xa tras a primeira visita pedira a Felipe VI “máis discreción” nos seus futuros desprazamentos.

A primeira visita que fixo a Galiza Don Juan Carlos a finais de maio do ano pasado xerara enfado na casa real, debido á expectación coa que se seguiron todos os seus movementos durante a súa estancia en Sanxenxo e ao interese suscitado.

Sen detalles da visita

Nesta ocasión o Rei emérito non esperou tanto tempo para volver viaxar á Galiza e farao esta semana, só tres meses despois da súa última viaxe. Á marxe diso, non hai moitos máis detalles sobre a súa visita.

Como en anteriores ocasións, a previsión é que se desprace a Sanxenxo e participar nas súas regatas, das que é afeccionado e das que tomou parte nas súas anteriores visitas ao país.