Elnosa bota o feche o 29 de xullo

[Pontevedraviva] elnosa

Elnosa fechará o 29 de xullo. Así o comunicou esta cuarta feira a dirección do grupo portugués CUF, propietario da electroquímica, ao comité de empresa, segundo avanza Faro de Vigo.

 

A industria, logo, non seguirá en Pontevedra ao non dispor de “título xurídico” após a falla de resposta de Costas do Estado á solicitude de ampliacón de concesión da cloreira. Cadúcalle a concesión e non se lle renova.

 

Segundo informa o xornal con sede en Vigo, Electroquímica del Noroeste S.A. negocia a recolocación das 28 persoas que ficarán en plantel após o ERE programado para agosto, que afecta 16 persoas.