Educación ratifica a supresión de dúas escolas unitarias en Brión e na Laracha

O Diario Oficial da Galiza recolleu onte a orde pola que se suprimen dúas escolas unitarias cuxo alumnado non acadaba as seis matrículas mínimas para o seu mantemento. Educación tamén aprobou a modificación das unidades escolares e postos de traballo, unha medida habitual que, segundo denuncia a CIG-Educación, usou para simular un reforzo pola pandemia. 
Protesta polo fechamento da escola unitaria de Luaña, en Brión (Imaxe: Cig).
photo_camera Protesta polo fechamento da escola unitaria de Luaña, en Brión (Imaxe: Cig).
Comentarios