Educación quer reducir profesorado e ampliar ratios no curso 2021-22, denuncia CIG-Ensino

(Foto: Europa Press)

Sinala que a Consellaría obriga a facer un estudo de necesidades en centros de secundaria “con só 24 horas de antelación coa medida de 1,2 metros, tomando a iniciativa na idea de recortar profesorado”.

O vindeiro curso estará marcado pola redución do profesorado e a ampliación do ratio de alumnos por aula. Isto é, polo menos, o que vaticinan desde o principal sindicato do ensino, CIG, de se materializar as pretensión da Consellaría de Educación.

“As intencións xa coñecidas da Consellaría pasan por reducir o que consideran "gastos Covid" en profesorado que foi necesario durante este curso”, indica o sindicato. O primeiro paso, explica, é que a Consellaría no mañá do 19 de maio remite a centros de secundaria un email “no que se lles pide que en menos de 24 horas lle remitan un estudo de adaptación das aulas coa distancia de 1,2 metros "con ou sen pantalla".

“Na folla de cálculo enviada pola Inspección aos centros pregúntase polos actuais grupos desdobrados e aulas con pantallas así como se existen grupos de FP con docencia semipresencial e polo incremento de profesorado autorizado neste curso escolar ("variación cupo 2020/21 debido á COVID")”, proseguen

E isto faino a Consellaría, di a CIG,  sen que previamente teña presentado ás organizacións sindicais proposta de plan de continxencias para abordar o curso que vén, “o que xa é unha clara demostración das
súas intencións e da nula vontade negociadora”

Non é a primeira vez que a central nacionalista denuncia estas “pretensións” do departamento que dirixe Román Rodríguez: “A Consellaría leva meses traballando para tomar medidas no comezo de curso escolar 2020/21 que leven a unha redución do profesorado de secundaria que tivo que contratar a maiores pola presión  social de comezos deste curso escolar”.

Infantil e Primaria, “coas ratios a tope”

A opresión e mobilización do profesorado logrou, indica a CIG, que a Xunta cumprise “por vez primeira en moitos anos en Infantil e Primaria” coas ratios máximas e non se superaron os 25 nenos e nenas nas aulas, “unha cifra que batía coa recomendación de non superar os 20 por aula”.

A CIG-Ensino demanda que para o curso escolar 2020/21 se revisen as ratios destes centros escolares e se rebaixen en todos os casos posíbeis, admitindo desdobres naqueles centros con aulas de menor tamaño e peores condicións. O sindicato alerta da posibilidade de que Educación teña a pretensión “de volver ás andadas e autorizar elevar as ratios por riba da cifra legal ordinaria”.