Esixen a expulsión do docente

Ducias de alumnas protestan contra o profesor machista da USC

Concentración contra o profesor Luciano Méndez no Obradoiro.

O vídeo do profesor de Económicas da Universidade de Compostela Luciano Méndez en que atacaba con dureza a muller vítima da Manada foi hoxe contestado por ducias de alumnas e alumnos. Concentradas perante o reitorado, na praza do Obradoiro, esixiron a expulsión do docente.
 

Méndez, que xa fora sancionado en 2016 por realizar comentarios machista nas aulas, pendurou unha gravación nas súas redes sociais en que defendía os cinco homes condenados a nove anos de prisión por “abusos sexuais” e chegaba a firmar que a denuncia da muller vítima fora un intento de engano “para conseguir a pílula do día despois”.

 

A indignación percorreu axiña a institución universitaria. O reitorado anunciou que se lle abriría un expediente. E o alumnado convocou unha proposta ás portas da sede do goberno universitario, á que chamaron a participar as principais organizacións do estudantado.