Dous novos casos elevan os positivos por COVID-9 na mariña a 35

Dúas persoas permanecen ingresadas no Hospital Público da Mariña con "evolución favorábel" (Europa Press)

Dúas persoas permanecen ingresadas no Hospital Público da Mariña con "evolución favorábel"

A Consellería de Sanidade informa que, nestes momentos, segundo as probas realizadas até a mañá desta cuarta feira, confírmanse outros dous casos positivos de persoas afectadas por Covid-19 no brote de A Mariña, o que eleva a 35 o número total de casos detectados pola Plataforma de Vixilancia e Control Epidemiolóxica e polos Servizos de Medicina Preventiva e Saúde Pública do Sergas.

O primeiro caso de infección por covid-19 detectouse na tarde da terzza feira 23 de xuño, no concello de Xove. A partir desta confirmación inicial, fíxose un rastrexo e analizáronse todos os contactos das persoas que se foron vendo afectadas.

Até o momento, mediante as probas realizadas (máis de 500 PCR en total) confírmase a existencia de 35 positivos en covid-19 relacionados con este brote.

Dos 35 casos positivos a maioría son asintomáticos ou presentan síntomas de carácter leve, e teñen a obriga de gardar corentena durante 14 días.

Dúas persoas con resultado positivo están ingresadas no Hospital Público da Mariña e a súa evolución é favorábel. 

Da mesma forma, as persoas cuxas probas deron resultado negativo permanecen en seguimento no seu domicilio, asesorados pola Plataforma de Vixilancia Epidemiolóxica e os Servizos de Medicina Preventiva e Saúde Pública do Sergas.

A raíz deste brote hai 400 confinadas e están suspendidas as festas populares e o lecer nocturno.