Dous anos do Programa de vivendas baleiras da Xunta: 7 adxudicacións

O Programa de vivenda baleira da Xunta, posto en andamento en 2016, só conseguiu adxudicar 7 vivendas, das escasas 16 postas a disposición. Para a  portavoz de Urbanismo do Grupo Socialista, María Pierres non se pode cualificar senón de “dubidoso éxito” este programa.

 

Así, apuntou ao esforzo “totalmente errado” do goberno galego, dirixido á adhesión dos concellos, xa que “16 vivendas ao mellor corresponden a unha probábel oferta en tan só 2 ou 3 concellos en toda Galiza”. Apuntou así aos casos do Barbanza, onde non se puxo no mercado “nin unha soa vivenda en 2 anos”, ou o de Ourense, que en 2017 “non conseguiu adxudicar nin sequera un piso pola situación deficiente dos 5 ofertados, a pesares de existir unha demanda por parte de 80 persoas”.

 

Ademais, as axudas ofertadas para a rehabilitación e posta a disposición destas vivendas , único incentivo contemplado nestes anos, só conseguiu rehabilitar 4 vivendas de 3 propietarios en toda Galiza, indican desde o PSdeG.

 

Pierres instou ao goberno galego a cumprir canto antes coa Proposta de Resolución aprobada por unanimidade no pasado debate do Estado da Autonomía, que a iniciativa dos socialistas galegos acordou pedirlle ao goberno galego que amplíe progresivamente o parque de vivenda pública.