Detido o autor do apuñalamento dun menor nas festas da Ascensión de Compostela

Complexo escultórico a Rosalía de Castro no paseo da Ferradura, na Alameda de Santiago de Compostela. (Foto: José Luis Cernadas Iglesias)

Axentes da Policía Nacional detiveron ao responsábel do apuñalamento dun mozo a pasada quinta feira nas festas da Ascensión en Compostela.

As forzas da orde detiveron na xornada de hoxe ao presunto autor do apuñalamento dun menor de 14 anos durante as festas da Ascensión.

A agresión produciuse na pasada quinta feira, nas proximidades da Igrexa de Santa Susana, en Santiago de Compostela, co resultado dunha persoa ferida grave por rápida perda de sangue.

A rápida intervención dos axentes evitou males maiores, ao conseguir taponar a ferida provocada por unha arma branca na súa coxa esquerda.

A vítima foi traslada a continuación ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago, onde o persoal médico procedeu a efectuar as curas necesarias.

As investigacións realizadas pola brigada de Policía Xudicial da Comisaría de Santiago de Compostela permitiron determinar que o presunto autor da agresión.

As fontes policiais informaron que o detido é un coñecido do agredido, descoñecéndose o grado de relación entre eles.

A persoa detida permanece baixo custodia dos seus proxenitores por tratarse dun menor de idade.

O procedemento continúa aberto á espera  de que se feche o atestado final, correspondédelle a Fiscalía de Menores determinar as causas e as responsabilidades dos feitos.