Feixoo anuncia o inicio do desconfinamento: restrinxir mobilidade con Portugal e permitir xuntanzas de non conviventes

(Foto: Europa Press)
Entrarán en vigor na medianoite da quinta á sexta feira e contempla a reapertura gradual da hostalaría e segundo situación das zonas.

[En ampliación] 

Núñez Feixoo anunciou hoxe, cuarta feira, que o Goberno galego vai pedir que nesta ponte de decembro se restrinxa a mobilidade con Portugal, unha medida que non extende a demandala para o peche de Galiza co Estado. "Non nos preocupa o resto de España", dixo, ao tempo que pide aos galegos e galegas que nesta ponte "non viaxen a Portugal". O norte de Portugal concentra a maioría dos novos contaxios que nestes días se rexistran no país veciño. 

"Imos consultar ao Goberno español se esa restrición de mobilidade con Portugal implica o peche perimetral de toda Galiza, pero nós entendemos que Galiza pode seguir aberta" e só bloquear a mobilidade co sur do Miño, manifestou. 

O presidente compareceu en San Caetano para anunciar que a partir das 00:00 horas desta sexta feira principiará o proceso de desescalada na Galiza. Isto implica que se permitirá a interacción social entre persoas non convivintes (entre 4 e 6 dependendo da zona e a situación) ou a apertura gradual da hostalaría, entre outras medidas.

No que atinxe á mobilidade interna, mantense o criterio de se hai restricións duras continúa o peche perimetral. O toque de recoller mantense ás 23:00 horas. En comercios mantense a capacidade a 50% (non hai cambios), e no transporte público tampouco hai novidades.

Nivel alto

Os concellos de máis de 10.000 habitantes con incidencia acumulada a 14 días maior ou igual a 250 estarán no denominado Modelo O Carballiño, o de máximas restricións. Aquí as terrazas ao 50 % ata as 17:00 horas e en grupos de máximo de 4 persoas, conviventes ou non.


- Pontevedra, Poio e Marín.
- O Grove e Sanxenxo.
- Carballo e A Laracha.
- Ademais, estes municipios: Tui, Ponteareas, Moaña, Vilalba, Narón, Redondela, O Porriño, Cambados e As Pontes.

Nivel medio-alto

Concellos de máis de 10.000 habitantes con incidencia entre 150 e 250 en 14 días por cen mil habitantes. A hostalería abre co 30 % no interior e 50% exterior e con límite ás 17:00 horas. A agrupación máxima aquí será de 4 persoas.

- Améndoas de Ferrol, Vigo, Vilagarcía, Coristanco, Meis, Cee. Ademais, entran nesta categoría os municipios de Lugo, Lalín, Oroso, Vimianzo, Ribadavia, Xinzo, Vilaboa e Cangas.

Nivel medio-baixo

Arecta ás améndoas da Coruña, Burela, Laxe, Silleda eSoutomarior, así como aos concellos de Pontecaldelas, Barro e  Cercedo-Cotobade. 

A incidencia sería de 100 a 150 en concellos en máis de 10.000 habitantes e de 150 a 250 nos de menos.

Hostalaría: 40 % en interior e 50 % en exterior, até as 23:00 horas con máximo 6 persoas.

Nivel básico

Concellos por baixo dos 100 casos por cada 100.000 habitantes a 14 días

Améndoas de Santiago-Ames e Teo, Ourense-Barbadás; A Estrada e Ares e o resto de  concellos que estaban en restricións xerais. Volveríase a situación previa ao 7 de novembro.

Hostalería abre 50 % no interior e 75 % no exterior até as 23:00  horas e máximo de 6 persoas.

Mobilidade

En canto á mobilidade, queda recuperada para os concellos no nivel de incidencia máis baixo -polo que, esta sexta feira, ábrese na área de Santiago-Ames-Teo e na améndoa de Ourense-Barbadás-.

As reunións de non conviventes estarán permitidas, nos niveis de cada área, tamén en ámbito privado.

Para o Nadal, dúas unidades

A proposta da Xunta para regular os encontros durante o próximo Nadal pasa por limitar as reunións a un máximo de dúas unidades familiares, aínda que con independencia do número de persoas que implique.

Así o avanzou Feixoo durante a comparecencia para explicar as medidas adoptadas polo comité clínico. Explicou que a proposta da Xunta pasa por non centrarse no número de persoas, se non nas unidades familiares. En concreto, Galiza aposta por limitar a dúas unidades familiares distintas as ceas e comidas de Nadal e pide que, no posíbel, sexan as mesmas persoas para os diferentes encontros ao longo destas datas.

A maiores, para aquelas persoas que non conten como núcleo familiar ou no caso de que o Goberno español non acepte a proposta de unidades familiares, a Xunta propón que non conten nos máximos de persoas os nenos enenas menores de 10 anos.