Descubre os mellores roteiros de sendeirismo na Galiza

Descubre os mellores roteiros de sendeirismo na Galiza

Roteiros de sendeirismo na Galiza, un plan perfecto para estar en contacto coa natureza en calqueira época do ano

Sendeirismo na Galiza, o mellor pretexto para coñecer unha das rexións máis bonitas en canto a recursos naturais refírese. 

Se a natureza é o teu, Galiza é o teu lugar, unha rexión que presume de lugares únicos onde perderse até que decidas que che poden atopar. 

 

Moitos son os lugares que che sorprenderán pola súa incomparábel beleza, ti encárgaste de preparar a mochila e nós de recomendarche cales son os mellores roteiros de sendeirismo na Galiza, aceptas o trato?

Elixir os mellores roteiros de sendeirismo na Galiza é algo complicado, a rexión non nolo pon moi fácil, verdade? A pesar da súa incribel beleza natural, tiraremos de subxectividade... aí van as nosas. 

Se xa estás preparado para saír a camiñar, non te cortes, nós fixamos o destino. Comezamos!

Camiño dos Faros

Camiño dos Faros é un roteiro de sendeirismo duns 200 quilómetros, dividido en oito etapas, que une Malpica con Finisterre, toda ela a pé de mar, auténtico protagonista deste singular roteiro.

Un roteiro de excepcional beleza que percorre, un por un, os faros da Costa da Morte, un dos reclamos turísticos máis importantes da zona. 

Moitos son as paisaxes que poderás descubrir no teu roteiro. Faros, praias, dunas, ríos, cantís, bosques, estuarios, castros... e, como non, unhas vistas espectaculares. Tan só tes que buscar un lugar para gozar dunha posta de sol perfecta.

Este roteiro é moi coñecido, pero iso non significa que o poida calquera, debes estar en forma para afrontalo. Non esquezas, o esforzo merecerá a pena. 

Se non te deixaches caer por alí, é momento de que o fagas, este roteiro de sendeirismo pode ser a escusa... a Costa da Morte espérache.

Turismo na Galiza profunda: 7 lugares para perderse e descubrir a natureza

 

Roteiro do Con Negro – Arte ao Natural nas Rías Baixas

A nosa segunda proposta é un roteiro que bordea o mar e na que atoparás con bastantes tramos de area. Atravesarás praias como a de Con Negro, Aguieira, Barreiro ou Castiñeira e o mar seguirá sendo o teu compañeiro de viaxe. 

O roteiro de Con Negro é un percorrido pola esencia das Rías Baixas, de pouco máis de 3 quilómetros no Grove e moi fácil de realizar. Inmortaliza o lugar e non esquezas facelo desde as calas paradisíacas que atoparás polo camiño. 

Se queres fuxir do mundanal ruído, goza dun lugar espectacular, lembra que se estás rodeado de peques, podes levalos, o roteiro é apto para toda a familia.

5 cociñeiros e cociñeiras galegas na cúspide da gastronomía

 

Roteiro do Canón do Sil – Ribeira Sacra

Se queres gozar dun dos lugares máis bonitos e espectaculares da Galiza, ese é, sen dúbida, a Ribeira Sacra, zona que comprende as ribeiras dos ríos Cabe, Sil e Miño na zona sur de a a provincia de Lugo e norte da provincia de Ourense. 

Se queres percorrer cada un dos seus recunchos, prepárate para o roteiro.

Canón do Sil e os seus arredores ofrecen unha contorna inmellorábel para a práctica do sendeirismo na Galiza. Paisaxes que impoñen, unha fauna rica e un patrimonio incribel, son motivos máis que suficientes para que te decidas a camiñar.

O singular deste roteiro é que poderás atopar recunchos naturais moi diferentes, desde planicies até o máis profundo do Canón, desde prados a densos bosques ou desde antigos mosteiros até pobos tradicionais.

Como podes ver, o paseo pola zona, merecerá a pena. Consulta todo ou que necesitas saber para realizar o roteiro do Canón do Sil

O galego está de moda, e o deporte non é unha excepción, coñece aos 10 mellores deportistas galegos na actualidade

 

Roteiro da Fervenza das Hortas 

Preto de Santiago de Compostela atopamos a nosa seguinte proposta. Este roteiro parte da Fonte Santa e finaliza na fervenza do lugar das Hortas, un lugar incribel.

O roteiro duns 21 quilómetros conta cun percorrido circular e penétrase na zona rural de Arzúa, transcorrendo por camiños tradicionais e sen pisar, en ningún momento, vía asfaltada. 

O roteiro mostrarache, ao seu paso, recunchos idílicos que en plena natureza farñan que te esquezas de todo e de todos. Vai buscando con quen compartir a experiencia e gozar do espectáculo. A opción de ir só tamén é viábel. Iso si, vaite preparado e procura estar localizado en todo momento.

5 pratos galegos moi tradicionais para desfrutar en inverno da mellor maneira posíbel

 

Por último e non por iso menos recomendábel, propoñémosche un roteiro moi bonito pero algo complicado. Poñamos rumbo á Coruña, alí espérate o roteiro do Canón do Eume.

Este roteiro non é moi transitado, polo que se queres gozar da natureza en exclusividade, esta é unha opción moi a ter en conta. 

Percorrerás o interior abrupto do canón escavado polo río, rodeado de altas e rochosas paredes, camiñarás por carreiros das Fragas do Eume, ascenderás ao alto da presa e desde alí, unhas vistas espectaculares. 

Se sofres de vertixe, pénsao dúas veces, este roteiro non está pensado para ti.

Até aquí as nosas recomendacións para unha xornada de sendeirismo na Galiza. Non están todas as que son, pero as que están molan moito. Natureza en estado puro para axudarche a estirar as pernas e mover o corazón... súmaste ao plan?