O descarrilamento dun tren de mercadorías en Valdeorras provoca un derrame de argon líquido

Tren de mercadorías. (Foto: Nós Diario)

A Xunta da Galiza activou o Plan de Protección Civil ante accidentes no transporte de mercadorías perigosas

Varios vagóns dun tren de mercadorías que transportaba produtos químicos, entre eles argon líquido, descarrilaron na tarde desta cuarta feira, 23 de agosto, ao seu paso pola localidade de Vilamartín de Valdeorras.

Así, Adif informou de que a media tarde ficou interrompida a circulación ferroviaria do tramo Ponferrada-Monforte de Lemos, entre Vilamartín e A Rúa-Petín, polo descarrilamento.

A Xunta da Galiza, pola súa banda, activou o Plan de Protección Civil ante accidentes no transporte de mercadorías perigosas, debido a que na zona produciuse un derrame de argon líquido, segundo informa o 112.

Na zona interveñen os recursos de emerxencias con ferramentas de contención e control do derrame. En concreto, están desprazados integrantes de Adif, Bombeiros de Valdeorras, GES de Valdeorras, Protección Civil e Concello de Vilamartín.