Desaparece unha muller de 87 anos na Estrada

Teresa, de 87 anos, desapareceu no concello da Estrada, ás 22 horas da quinta feira.
Un dispositivo de seguridade percorre esta sexta feira o concello da Estrada para buscar unha muller de 87 anos que responde ao nome de Teresa e cuxa desaparición foi constatada ao non acudir ao centro de día que frecuentaba.

A Unidade de Drons da Axencia Galega de Emerxencias (Axega) colabora con axentes da Garda Civil na procura dunha muller desaparecida na quinta feira, día 5 de novembro, no municipio da Estrada. Chámase Teresa e ten 87 anos.

Segundo informou o 112 Galiza, tivo constancia da desaparición a través da Garda Civil ás 22,00 horas da noite desta quinta. Segundo a información facilitada aos xestores de emerxencias, foi un familiar da muller quen solicitou axuda para atopala ao constatar que non acudira ao centro de día que adoitaba frecuentar.

Por iso, por parte do 112 informouse os membros do GES da Estrada, que pasaron a formar parte do operativo de procura, coordinado pola Garda Civil, xunto ao equipo de drons da Axega e a unidade de cans de Protección Civil de Padrón.

Desde a medianoite unha dotación do Grupo de Apoio Loxístico da Axega especializado no manexo dos drons colabora cos axentes das forzas de seguridade na procura da octoxenaria desaparecida.