Desaloxan unha peregrina alemá acampada nun cemiterio en Lugo para pasar a noite

EuropaPress_3981799_peregrina_alemana_acampada_cementerio_lugo
O párroco da igrexa de San Lázaro foi o que deu a voz de alerta.

A Policía Local de Lugo desaloxou unha peregrina alemá que acampara no cemiterio de San Lázaro para pasar a noite mentres realiza o Camiño de Santiago.

O párroco da igrexa de San Lázaro foi o que deu a voz de alerta na mañá do pasado sábado, 2 de outubro, pola presenza dunha tenda de campaña no camposanto.

Atéo lugar desprazouse a Policía de Barrio da Policía Local de Lugo. Alí, comprobouse que a muller era unha camiñante, que foi identificada e requirida para que abandonase o lugar, cuestión que fixo "ao momento", segundo explican os axentes. A muller instalara a súa tenda de campaña pegada ás tumbas.

Precisamente, os veciños do barrio reuniron diñeiro recentemente para realizar arranxos no cemiterio ante as zonas danadas existentes. A igrexa de San Lázaro e o cemiterio atópanse no lucense barrio da Ponte, nunha contorna no que estaba situado un antigo lazareto.