Só para doentes de cardioloxía

Denuncian discriminación nas probas de radiodiagnóstico do CHUS

O BNG e a Sociedade Española de Radioloxía Médica (SERAM) advirten das intencións do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de adquirir un equipo para realizar TAC e resonancias para uso exclusivo do servizo de cardioloxía, un feito, din, que suporía a fragmentación na igualdade das persoas doentes a estas probas. Máxime nun hospital cunha importante listaxe de agarda.

Concentración sanidade en Compostela
photo_camera Unha concentración a favor da sanidade pública, diante do CHUS
Comentarios