Denuncian a ausencia de médico no centro de saúde de Foz

Coa multitudinaria proba atlética 'Run Foz Run Nadal' en marcha, 

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) de Foz denuncia que o PP "continúa coa súa folla de ruta de desbroze da sanidade pública, especialmente en atención primaria".

A formación nacionalista critica que "hoxe, 24 de decembro, e cunha proba multitudinaria en marcha [o 'Run Foz Run Nadal'] non hai médico no centro de saúde de Foz"

"En Foz vímos sufrindo o desleixo santario co silencio cómplice do PP local, ao que non lle importou a discriminación ao non ubicar un Punto de Atención Continuada (PAC) no momento do deseño do mapa de asistencia sanitaria do Sergas, ou a retirada do servizo de urxencias 24 horas creado pola ausencia da figura do PAC", afirman.

 Actualmente, o centro de saúde de Foz dispón dun servizo de urxencias de malá os sábados e festivos entre semana -para non sobrecargar o PAC de Burela- cuberto por un facultativo, pero hoxe 24 de decembro "non hai facultativo, e sabéndose anticipadamente o Sergas prohibe anuncialo nas portas do centro, pasou o mesmo o 10 de agosto, festivo local", explica o BNG.

O Bloque esixe "a cobertura de todas estas carencias", e agarda "que se cubra a asistencia o vindeiro 31 de decembro".