A denuncia contra a reapertura da mina de Touro chega a Bos Aires

A Biblioteca Galega da capital arxentina proxectará o documental ‘A ameaza do cobre’, nun acto  que contará coa presenza da activista Guadalupe Rodríguez.

A loita da veciñanza  de Touro e O Pino contra a reapertura da mina de cobre e de movementos sociais e produtivos de toda galiza contra ese proxecto ten tamén eco alén das fronteiras do noso país. Así, o documental de Nós TV dirixido por XoséBocixa  ‘A ameaza do Cobre’vai chegar a Bos Aires.

 

A Biblioteca Galega de Bos Aires acollerá a proxección documental organizada pola  Federación de Asociacións Galegas da República Arxentina e que terá lugar o vindeiro 26 de maio e contará coa presenza da activista Guadalupe Rodríguez.