"Democracia e liberdade": a Galiza solidarízase cos encausados no ‘Bateragune’

Concentración en Compostela en solidariedade con Otegui e o resto de persoas encausadas. (Foto: BNG)
Esta mañá, ás 12 horas na praza de Praterías de Compostela, as galegas mostraron o seu apoio a Aranaldo Otegi, Rafa Díez, Sonia Jacinto, Miren Zabaleta e Arkaitz Rodríguez, encausadas no caso ‘Bateragune’. O Tribunal Supremo facía pública a comezos de semana a decisión de repetir o xuízo. 

Esta mañá, reuniuse en Compostela unha concentración baixo o lema “Democracia e liberdade”. O acto transcorreu na praza de Praterías, en solidariedade coas persoas encausadas no 'caso Bateragune'.

Este conflito volvía á actualidade esta semana pola decisión do Tribunal Supremo de repetir o xuízo a Aranaldo Otegi, Rafa Díez, Sonia Jacinto, Miren Zabaleta e Arkaitz Rodríguez, nun proceso anulado polo Tribunal de Dereitos Humanos. Isto está a xerar diversas respostas sociais en Euskal Herria e máis alá das súas fonteiras.

O Tribunal Supremo acordou por unanimidade que se xulgue de novo o ‘caso  Bateragune’ na Audiencia Nacional española. É a primeira vez que se repite un xuízo anulado por Estrasburgo.

Otegi expresaba a través das redes sociais as primeiras declaracións a raíz da decisión do Supremo: "Ni nos domaron, ni nos dobraron, ni nos van domesticar! Gañaremos".

Tamén nas redes sociais, Arkaitz Rodríguez, outro dos condenados no caso Bateragune, expresou: "12 anos despois da nosa detención, tras pasar no cárcere 6 anos de forma absolutamente inxusta e ilegal, tras unha anulación europea e sen que sequera exista xa esa organización, decidiron volver xulgarnos por pertenza a ETA. Democracia? Que democracia?".