Decomisan en Mos 11.000 luvas, 124 litros de alcol médico e 510 máscaras

(Arxina)

A Policía local de Mos, xunto coa Garda Civil, denunciou dúas accións en empresas que se dedicaban ao almacenamento, venda e distribución de material sanitario do cal o Goberno español, no contexto do estado de alarma decretado pola crise de coronavirus, mandou informar a Sanidade.

A primeira das accións tivo lugar eesta terza, 17 de marzo, de mañá. Tivo lugar nunha empresa do Polígono do Rebullón que contaba con diverso material sanitario, como máscaras e solución hidroalcohólica.

Axentes da Policía Local procederon a avisar á Garda Civil e os dous corpos acudiron ao lugar para proceder a un rexistro.

A segunda actuación produciuse esta cuarta feira 18 de marzo ás 15:30 horas, cando unha patrulla da Policía Local de Mos dirixiuse a un establecemento da zona de Puxeiros tras saber que vendían máscaras.

Cando chegaron ao local descubriron que xa non lle quedaba máis material e saíron, pero ao pouco tempo sorprenderon ao dono do establecemento descargando o material para repoñer no seu negocio, incantándouselle un gran número de máscaras, luvas e solución hidroalcohólica.


En total, intervíronse 11.000 luvas, 124,5 litros de alcol e 510 máscaras. O material incautado foi trasladado para posteriormente denunciar ao Ministerio de Sanidade.