O curmán de Banksy e o mural de Alexandre Bóveda en Lugo

No muro exterior do Vello Cárcere de Lugo, no Cantiño Nemesio Cobreros, apareceu debuxado un mural no que Alexandre Bóveda estaba no chan, na mesma postura que na obra A derradeira leición do mestre, de Castelao. A sinatura, o curmán de Banksy.

 

O BNG  de Lugo propuxo que o mural artístico pase a formar parte da do contido expositivo deste espazo cultural municipal. “Nos muros deste edificio foron asasinadas persoas por un réxime fascista pola única razón de defender as súas ideas e unha sociedade máis xusta, igual que a figura que representou Castelao na súa obra a A Derradeira Lección do Mestre”.

 

Rubén Arroxo, portavoz municipal, apostou “por facer un oco para a arte urbana neste espazo e respectar este mural artístico que tivo un importante recoñecemento social e acadaou, de xeito masivo, a súa difusión a través da redes sociais e das novas formas de comunicación.