“CRTVG estaría a incumprir a lei en materia de produción propia”

CRTVG

No marco da greve e paros do persoal dos medios públicos galegos.

O 27 de novembro houbo unha reunión entre representantes dos traballadores e traballadoras e dirección da CRTVG, no marco das xuntanzas que se están a realizar pola greve de persoal dos medios públicos galegos, cuns paros que teñen un seguimento masivo.

 

Nesta reunión, afirman desde a sección da CIG na CRTVG, a empresa presentou unha grella de programación da semana do 26 novembro ao 2 de decembro, na franxa horaria das 7:00 da mañá á 1:00 da madrugada, a partir da cal cuantificou a produción propia (produción propia interna, segundo denominación empresarial) en 51,98%.

 

Así, debulla este sindicato, das 126 horas totais de emisión semanal na franxa horaria considerada, 64 horas e 30 minutos corresponden a produción propia, das que 8 horas e 15 minutos son redifusión. As 61 horas e 30 minutos restantes corresponden a producións externas, das que 3 horas e 15 minutos son redifusión.

 

“Se tratamos de xeito homoxéneo estes dados e restamos a redifusión de ambas as dúas modalidades de produción, o resultado é de 56 horas e 15 minutos de produción propia e 58 horas e 15 minutos de produción externa, ficando a porcentaxe de programas producidos cos nosos propios medios en 49,13%”. Para a central nacionalista, isto

 

Supón que a CRTVG estaria a imcumprir o artigo 34 da Lei 9/2011, de 9 de novembro, dos Medios Públicos de Comunicación Audiovisual de Galiza, que estabelece que a CRTVG debe impulsar a produción propia da súa programación, “de forma que esta abranga a maioría dos programas difundidos nas canles xeralistas, atendendo aos recursos materiais e humanos dos que dispoña”.