A Covid dispárase: 1.342 novos casos nun só día e as hospitalizacións achéganse á centena

Os contaxios da Covid-19 seguen disparados e superan o milleiro por segunda xornada consecutiva na Galiza ao repuntar a 1.342, que implican 245 máis que o día anterior e máis do dobre que hai unha semana, mentres que as hospitalizacións aumentan a 96, ao sumar 17 máis, e os casos activos ascenden a 8.319. Pola súa banda, a taxa de positividade sobe ao 10%.

Persoas na terraza dun bar de Ourense (Foto: Rosa Veiga / Europa Press)
photo_camera Persoas na terraza dun bar de Ourense (Foto: Rosa Veiga / Europa Press)
Comentarios