Covid-19: 819 novos contaxios en 24 horas e máis de 7.000 casos activos

A Galiza afronta o inicio da ponte de decembro cunha nova subida da incidencia e supera os 7.000 casos activos de Covid-19 ao situarse en 7.036 -que supoñen 541 máis que o día anterior- tras repuntar os novos contaxios a 819 -implican 39 máis que a xornada pasada-. Pola súa banda os pacientes hospitalizados por este coronavirus ascenden a 197 -dez máis- e a taxa de positividade mantense nun 8%.

Punto de cribado con tests de antíxenos na Mariña, unha das zonas máis afectadas pola pandemia (Foto: Carlos Castro / Europa Press).
photo_camera Punto de cribado con tests de antíxenos na Mariña, nunha imaxe de arquivo (Foto: Carlos Castro / Europa Press).
Comentarios