A Coruña, nova parada na presentación de “O Escudo do Reino de Galiza. Unha (re)visión (inter)nacional”

Escudo do Reino da Galiza cara ao ano 1500, cos trevos que precederon a introdución das cruces.

Esta sexta feira, día 26, ás 19 horas na sede da AC Alexandre Bóveda e coa participación do autor da publicación, Héitor Picallo e de Xoán Costa, presidente do Consello de Administración de Sermos Galiza S.A, editora da obra.

 

O Escudo do Reino de Galiza, unha (re) visión (inter)nacional, do investigador, escritor e ilustrador Héitor Picallo e editado por Sermos Galiza chegará esta sexta feira, día 26, á Coruña da man da presentación organizada pola Asociación Cultural Alexandre Bóveda e que se desenvolverá a partir das 19 horas na sede desta entidade, na Rúa dos Olmos, 16. 

Na presentación tomará parte, ademais do autor, María Xosé Bravo, da Alexandre Bóveda, e Xoán Costa, presidente do Consello de Administración de Sermos Galiza S.A.

As persoas interesadas en asistir a esta presentación deben inscribirse a través dun  formulario dispoñíbel na web da asociación cultural.

As persoas interesadas en asistir a esta presentación deben inscribirse a través dun  formulario dispoñíbel na web da asociación cultural.

A Coruña é así unha nova parada ns presentación desta obra de 224 páxinas a toda cor e máis de 150 ilustracións para ofrecer unha visión máis completa da orixe do escudo galego.

Dar a coñecer a historia propia

As primeiras versións coñecidas do escudo do Reino da Galiza datan dos anos finais do século XIII. Así no Segar´s Roll, un armorial -libros de armería con descrición de emblemas heráldicos- inglés elaborado arredor de 1282 aparecen recollidos 24 escudos reais, entre eles os de España, Navarra, Portugal, Aragón ou Galiza, representado “en campo azur, tres cálices de ouros ben ordenados”.

O traballo conta cun preámbulo traducido a sete idiomas: alemán, español, catalán, euskera, francés, inglés e xaponés e un prólogo de Johanes Kabatek, catedrático da Universidade de Zúric onde se ocupa da cátedra de Lingüística Iberorrománica e de Lingüística Románica. É membro correspondente da Real Academia Galega desde 2002.

A maiores, o libro, ten un epílogo asinado por Carlos L. Bernárdez, licenciado en Xeografía e Historia e recoñecido ensaísta no campo literario e artístico.