Cortada a estrada que une A Gudiña e A Rúa por un derrubamento de pedras sobre a calzada

Derrubamento de terra e pedras na estrada OU-533 (Foto: Garda Civil).
Segundo informou a Garda Civil, os feitos producíronse durante a última hora da xornada do sábado no quilómetro 34, á altura do termo municipal do Bolo.

Os servizos de emerxencias tiveron que cortar a circulación na estrada OU-533, que une A Gudiña (comarca de Viana) e A Rúa (comarca de Valdeorras), debido a un derrubamento de terra e pedras sobre a calzada.

Segundo informou a Garda Civil, os feitos producíronse durante a última hora da xornada do sábado no quilómetro 34, á altura do termo municipal do Bolo.

Circulación

As pedras e a terra cortaron a circulación en ambos os carrís. Ante esta situación, desprazouse até o lugar unha patrulla da Garda Civil do Barco de Valdeorras, que realizou o desvío dos vehículos por unha pista de servizo. Tamén traballa no lugar persoal do servizo de mantemento de estradas.